jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo enxalza aos empregados públicos na xestión e superación da pandemia

Feijóo enxalza aos empregados públicos na xestión e superación da pandemia

O presidente do Goberno galego asistiu este martes ao IV Congreso da Federación dos Servizos á Cidadanía de CCOO en Galicia.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou, hoxe, a celebración do IV Congreso da Federación dos Servizos á Cidadanía de CCOO en Galicia para enxalzar o papel determinante dos empregados públicos na xestión e na superación da pandemia. “Durante a covid-19 acredítase que os empregados públicos son pezas clave para o funcionamento dun país”, dixo, incidindo en que a resposta institucional á pandemia tería sido moi distinta sen o seu traballo.

Así mesmo, destacou o compromiso da Xunta para seguir fortalecendo os servizos públicos, a través, por exemplo, da aposta pola estabilidade, coas maiores ofertas públicas de emprego da historia da Comunidade. Non en van, desde 2009 véñense aprobando OPEs nas que se ofertan o máximo que a normativa estatal permite.

Logo de precisar que este compromiso sitúa a Galicia como a comunidade coa taxa de temporalidade máis baixa do conxunto do Estado, o titular do Executivo galego referiuse tamén aos novos retos da Administración, entre os que resaltou a dixitalización ou a captación de talento. Ao respecto, aseverou que para afrontar estes desafíos e seguir mellorando a Administración pública e as condicións dos seus empregados é necesario contar con “interlocutores activos e responsables”, en alusión ás organizacións sindicais.

Nesta liña, recordou, a modo de exemplo, que o acordo de concertación do emprego público asinado con CCOO e UGT fixo posible materializar compromisos como: a convocatoria de procesos de estabilización e consolidación do emprego público; ou a funcionarización do persoal laboral. Ademais de destacar numerosos acordos sectoriais en distintos eidos da Administración, así como o feito de que os empregados públicos galegos conten cunha carreira profesional.

O titular da Xunta concluíu aseverando que os 40 anos de democracia e de autogoberno en Galicia acreditan que aqueles que acordaron construíron a Galicia actual, “porque é necesario acordar para avanzar”, sentenciou.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES