viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísDiscotecas e Xunta negocian horarios máis flexibles para outubro

Discotecas e Xunta negocian horarios máis flexibles para outubro

As discotecas poderían estar abertas ata máis tarde das 3 da madrugada,  e con maior ocupación, a partir de outubro. A aprobación dun protocolo máis flexible está agora en negociacións entre a Xunta e o sector do ocio nocturno en Galicia.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda:

Será un calendario consensuado. «Non hai presa» di Rueda, porque o importante é que a decisión que se tome, sempre co aval dos científicos, poida ser estable no tempo.

Os empresarios e o goberno galego queren que estes establecementos poidan aumentar a súa actividade agora restrinxida, O propio sector era favorable ao uso do certificado de vacinación pero, unha vez rexeitado pola xustiza, co mpre buscar alternativas.

Respecto á hostalería en xeral, con actividade diúrna, este mércores 15 de setembro, dará un paso importante para poder traballar máis, ao entrar en vigor un novo protocolo que establece dous niveis. Os hostaleiros terán máis capacidade de traballo segundo o nivel no que decidan situarse, en función das medidas sanitarias que cumpran. A máis requisitos cumpridos, máis ocupación poderán ter.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES