sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaMos inicia o curso escolar retomando as extraescolares

Mos inicia o curso escolar retomando as extraescolares

A intencón é que no mes de outubro se impartan balonmán, baloncesto, multideporte e piscina, sempre cumprindo os protocolos e medidas estipulados e marcados pola Xunta.

Máis de 1.000 estudantes de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos comezaron o novo curso escolar, con moitas ganas e ilusión e buscando a maior normalidade posible, despois da pandemia.

A alcaldesa Nidia Arévalo e a concelleira de Educación Julia Loureiro, reuníronse o pasado mércores para ultimar detalles referentes a este curso escolar, e trasladar a intención de retomar as actividades extraescolares promovidas dende o Concello (balonmán, baloncesto, multideporte e piscina) no mes de outubro, sempre cumprindo os protocolos e medidas estipulados e marcados pola Xunta.
A concelleira de Educación tamén lles confirmou que este mes de setembro, se remitirá ao centro educativo a programación que se levaba aos propios colexios dentro do horario lectivo en cada curso escolar (xadrez, contacontos, prevención violencia xénero, día internacional discapacidade, etc).

O colectivo de Anpas comunicou que tamén retomarán as súas actividades extraescolares e continuarán dando os servizos de aula matinal e comedor escolar. Cabe recordar, que Mos foi un dos únicos concellos que o curso 2020/2021 mantivo estes servizos.
Centro educativo, ANPA e Concello, sempre da man para facilitar a conciliación familiar e laboral

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES