Axentes da Policía Nacional detiveron  a un home de 83 anos, este mércores pola tarde, como presunto autor do asasinato da súa muller, de 82 anos, no centro da localidade Los Cristianos, en Tenerife. O matrimonio, veciños de rúa Sanjurjo Badía en Vigo, adoitaba pasar parte do ano nesta zona de Tenerife.

Os feitos ocorreron ao redor das 16:00 horas na avenida Los Playeros, nas proximidades da praza da igrexa da nosa Señora da Carmen e dun coñecido establecemento hostaleiro. O home matou, presutamente, á muller de varias feridas de arma branca nunhas circunstancias que agora investigan os axentes destinados na Brigada da Policía Xudicial da Comisaría do Sur de Tenerife.

Ángel, de 83 anos, tería sido dianosticado de cancro recentemente. A súa muller asasinada, Clotilde, non presentara nunca denuncia por violencia de xénero.

O matrimonio, que é orixinario de Vigo, adoitaba pasar cada ano parte das súas vacacións en Los Cristianos, onde xa eran coñecidos polos veciños da zona. Este suposto caso de violencia machista aconteceu no interior dun domicilio. Os sanitarios so puideron certificar a morte da muller, que presentaba varias coiteladas. El autolesionouse e foi trasladado ao hospital onde está ingresado custodiado pola Policía Nacional.

¿E ti, es de Tweet?