A presión hospitalaria aumenta de novo na comunidade e acada os 30 pacientes COVID nas UCI, cinco máis que na anterior xornada. 

Segundo a última actualización do SERGAS, aumenta en Galicia o número de pacientes con COVID-19 que precisan de hospitalización. Son tres máis ca onte nas camas convencionais ata un total de 236 e cinco máis nas UCI ata acadar as 30 persoas ingresadas nos críticos por mor do virus, a cifra máis alta dous dous últimos meses.

Aresetora son 18.061 galegos e galegas os que están a pasar o coronavirus, 763 máis ca na anterior actualización de Sanidade. Todas as áreas sanitarias aumentan no número de casos activos agás a de Ourense que logra rebaixar os contaxios.

Vigo: 4.348 (+283)

Pontevedra: 3.024 (+84)

A Coruña: 3.324 (+203)

Ourense: 2.257 (-18)

Santiago: 2.274 (+61)

Lugo: 2.000 (+119)

Ferrol: 834 (+31)

Sanidade notificou o luns o falecemento de tres mulleres coa COVID-19 nos últimos tres días, que tiñan patoloxías previas e de idades comprendidas entre os 80 e os 90 anos.

 

¿E ti, es de Tweet?