jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta creará un comité para conseguir un maior rendemento do AVE...

A Xunta creará un comité para conseguir un maior rendemento do AVE a Galicia

O titular do Goberno galego clausurou este mediodía o foro AVE Madrid-Ourense. Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta creará un comité multidisciplinar para elaborar unha estratexia coa que impulsar o maior crecemento económico e rendemento social do AVE a Galicia.“Galicia leva moito tempo traballando e vamos a seguir facéndoo: renovamos todas as liñas de transporte interurbano -máis de 3.000-; os menores de 21 anos contan con transporte gratuíto para desprazarse a calquera lugar da Comunidade; e estamos a achegar estacións de autobuses ás ferroviarias”, recordou, ao tempo que engadiu que «este comité estará formado por un conxunto de expertos que achegarán propostas a desenvolver co fin de aproveitar a capacidade económica do tren de alta velocidade á Comunidade»

Durante a clausura este mediodía do foro AVE Madrid-Ourense. Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades, Feijóo incidiu en que a Administración autonómica dedicará o tempo a esta tarefa, “mentres agardamos que se complete o traballo planificado na alta velocidade da nosa comunidade”.Nesta liña, demandou novamente que os trens de rodadura desprazable se poñan o antes posible ao servizo da Comunidade, co fin de cumprir os tempos de viaxe comprometidos: Santiago-Madrid en 2 horas e 50 minutos; Pontevedra-Madrid en 3 horas e 10 minutos; Vigo-Madrid en 3 horas e 20 minutos; e Coruña-Madrid en 3 horas e 15 minutos.

«Sen perder de vista a imprescindible reflexión sobre a conveniencia de adaptar o ancho de vía entre Ourense e Santiago ao ancho internacional», segundo apunta a administración autonómica,  Feijóo expuxo tamén os beneficios que implicarían infraestruturas como a construción dun túnel de conexión entre as estacións madrileñas de Chamartín e Atocha ou a Variante de Olmedo, que faría posible unha conexión directa de Galicia co País Vasco e con Cataluña sen ter que baixar ata Madrid.

O responsable autonómico referiuse ademais ao risco de configurar unha rede ferroviaria galega de dúas velocidades na que Lugo e Ferrol queden descolgadas. “Así, no caso de Lugo, e pese a planificación de modernización da liña, todo semella indicar que se prescindimos das variantes de trazado, o tempo de viaxe con Madrid non será competitivo. E, en relación con Ferrol, o baipás de Betanzos é necesario”, precisou.

Logo de resaltar o necesario compromiso tamén coas conexións de Vigo con Ourense e Porto, coa Variante exterior en Ourense e coa súa estación intermodal, así como coas obras pendentes da remodelación do antigo túnel do Padornelo e o reforzo da subestación das Portas, o titular da Xunta concluíu subliñando que a chegada do AVE a Ourense supón “a oportunidade” para consolidar a cidade das Burgas como a mellor comunicada de Galicia e do noroeste de España.  

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES