viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta atribúe os incendios de Arbo e Verín a "pirómanos"

A Xunta atribúe os incendios de Arbo e Verín a «pirómanos»

Lumes con varios focos á vez fai deducir a Xunta de Galicia que os incendios iniciados na última xornada e Arbo e Verín foron intencionados. Presuntos «pirómanos» prenderon lume nunha semana de temperaturas moi altas e nun día no que ademais soprou vento.

 O conselleiro de Medio Rural, José González, asegura que o incendio de Verín, «logo dunha noite de moitísimo traballo, evoluciona favorablemente. Neste momento, os medios traballan na extinción dun flanco de moi difícil acceso por medios terrestres, hai que utilizar medios aéreos, e non existe perigo para núcleos habitados, isto sempre con toda a prudencia e cautela, pero baixou moito a intensidade do lume».

En Verín activouse a situación 2 pola proximidade do lume ao lugar de Polvorín e desaloxáronse algunhas persoas pero «volveron xa ás súas casas na mesma noite», explica o responsable de Medio Rural.

E certa tranquilidade esta mañá en Arbo logo de que, aínda que activo, se considere afastado xa do polígono industrial tras afectar as parroquias de Sela e Barcela. Levan ardido 70 hectáreas. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, notificoulle telefonicamente ao conselleiro que agora hai «certa localidade» logo dunha fin de semana enteira ardendo terreo forestal en Arbo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES