viernes, abril 26, 2024
InicioNewsComarcasPor amor ao tempo

Por amor ao tempo

José Suárez e a súa familia atesoran a historia en formato reloxo nun museo no centro de Ponteareas.

Por amor ao tempo o maestro reloxeiro, José Suárez, gardan a historia en formato reloxo. No museo que rexentan no centro de Ponteareas é posible viaxar a diferentes séculos como ao XIX ou mesmo ao XVIII.

«É unha tradición que herdei do meu avó», di Suárez, en referencia a súa afección polos reloxos, pola súa engranaxe e polo interese en reparalos ou restauralos. Unha tradición familiar que quere pasarlle aos seus netos «con certo éxito», di.

No museo, que se atopa na rúa Esperanza, «hai máis de 300 reloxos, é este o único museo de Galicia que se dedica á reloxería popular», di o Suárez.

A familia Suárez puxo en marcha o antigo reloxo mecánico da igresa de Santa María de Areas 73 anos despois de que Juan Ucha Iglesias, un veciño da parroquia, donarao no 1948 mais 33 anos despois este parou pero forn quen de reiniciar o tempo. Ao acto acudiron tamén o fillo e o neto do doante e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entre outros persoeiros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES