sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra contará cun novo obradoiro dual de emprego

Salvaterra contará cun novo obradoiro dual de emprego

Os participantes traballarán na posta en valor do parque foestal Monte Castelo, na parroquia de Pesqueiras.

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de comunicar a concesión de máis de 500.000,00€ para financiar os custos de formación profesional para o emprego do proxecto do Obradoiro dúal denominado “SALVATERRA EMPREGA II” .

Esta acción enmarcase dentro das políticas activas de emprego que está realizando o Concello, e que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización dun traballo efectivo, que xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procura a súa cualificación profesional e favorece a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

SALVATERRA EMPREGA II  terá unha duración prevista de 12 meses,  onde se pretende formar a 20 persoas desempregadas nas especialidades formativas no ámbito Forestal  e de Xardinería. Con este obradoiro o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo en si.

As obras a realizar a través deste obradoiro están destinadas a  darlle continuidade a posta en valor do parque forestal Monte Castelo, ubicado na parroquia de Pesqueiras, e no cal se está traballando a través dun convenio co CCMM co fin de seguir mellorando o noso patrimonio e reforzar un recurso turístico moi importante para o noso municipio. E por outro lado a través das actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería farase un traballo de mellora nas zonas verdes , parques así como nas sendas municipais

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES