O suceso tivo lugar ás 22:00 horas e as dúas persoas feridas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas necesitou ser excarceradas polo GES-SPEIS de Ponteareas logo de que chocaran dous vehículos no punto kilométrico 650 da N-120, á altura de Ponteareas. Segundo informaron os voluntarios de Protección Civil do Porriño, os conductores dos turismos implicados no accidente foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Os feitos sucederon sobre as 22:00 horas e foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 GalicIA para alertar da colisión. Acudiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES-SPEIS de Ponteareas, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.