As xogadoras do Club Balonmán Cañiza gañaron os tres partidos da fase de asecenso á División de Honra Prata Feminina.
O Club Balonmán Cañiza ascende á División de Honra Prata Feminina logo dun partido no que as xogadoras pelexaron ata o último segundo do encontro. As da Cañiza impuxéronse cun marcador de 24-23 ás da Unión Financiera de Oviedo na segunda xornada da fase de ascenso. Tamén resultaron vencedoras contra o Fuentes Carrionas o domingo ao igual que contra o Puerto del Carmen o venres.
Unha fase de ascenso que se xogou no Polvorín, "na casa", como din as xogadoras.
O Balonmán Cañiza conseguiu o obxectivo de ser prata xogando "xuntas máis fortes", tal e como di o seu lema, con esforzo e "grazas ao apoio dos veciños e das veciñas", explica a xogadora Ana Rodríguez.
Neste senso, será tamén unha oportunidade para "levar o nome da Cañiza por diante", segundo aseverou o adestrador, Emilio Barciela.
A xogadora Sara Carril foi a xogadora que anoutou o 24-23 ao marcador. Un resultado que fixo ascender ao equipo "mais foi un traballo de todas xuntas", incidiu Carril. Pola súa banda, o 16 do Balonmán Cañiza,Sofía Álvarez, pon en valor a victoria nun contexto "dun ano atípico".
Unha das capitás, Carla Abad, explica que este ascenso é un xeito de visibilizar o balonmán feminino e o presidente, Rubén Fernández, lembra que son "10 anos de traballo buscando o soño".
A celebración polo ascenso continuou na Cañiza caos xogadoras percorrendo as rúas da vila. Ao balcón do concello sairon as capitás e o rexedor, Luis Piña, para agradecer o apoio dos veciños e das veciñas. Días antes da fase de ascenso, encheron o pobo coas cor vermella e negra, as que representan ao Club Balonmán Cañiza.