domingo, abril 14, 2024
InicioComarcasParadantaXuntas son máis fortes: O Club Balonmán Cañiza fai historia no Polvorín

Xuntas son máis fortes: O Club Balonmán Cañiza fai historia no Polvorín

As xogadoras do Club Balonmán Cañiza gañaron os tres partidos da fase de asecenso á División de Honra Prata Feminina.

O Club Balonmán Cañiza ascende á División de Honra Prata Feminina logo dun partido no que as xogadoras pelexaron ata o último segundo do encontro. As da Cañiza impuxéronse cun marcador de 24-23 ás da Unión Financiera de Oviedo na segunda xornada da fase de ascenso. Tamén resultaron vencedoras contra o Fuentes Carrionas o domingo ao igual que contra o Puerto del Carmen o venres.

Unha fase de ascenso que se xogou no Polvorín, «na casa», como din as xogadoras. 

O Balonmán Cañiza conseguiu o obxectivo de ser prata xogando «xuntas máis fortes», tal e como di o seu lema, con esforzo e «grazas ao apoio dos veciños e das veciñas», explica a xogadora Ana Rodríguez.

Neste senso, será tamén unha oportunidade para «levar o nome da Cañiza por diante», segundo aseverou o adestrador, Emilio Barciela.

A xogadora Sara Carril foi a xogadora que anoutou o 24-23 ao marcador. Un resultado que fixo ascender ao equipo «mais foi un traballo de todas xuntas», incidiu Carril. Pola súa banda, o 16 do Balonmán Cañiza,Sofía Álvarez, pon en valor a victoria nun contexto «dun ano atípico».

Unha das capitás, Carla Abad, explica que este ascenso é un xeito de visibilizar o balonmán feminino e o presidente, Rubén Fernández, lembra que son «10 anos de traballo buscando o soño».

A celebración polo ascenso continuou na Cañiza caos xogadoras percorrendo as rúas da vila. Ao balcón do concello sairon as capitás e o rexedor, Luis Piña, para agradecer o apoio dos veciños e das veciñas. Días antes da fase de ascenso, encheron o pobo coas cor vermella e negra, as que representan ao Club Balonmán Cañiza.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES