jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasParadantaDesaloxan o CPI da Cañiza por unha falsa alarma

Desaloxan o CPI da Cañiza por unha falsa alarma

O alumnado xa se atopa de novo no colexio «sen ningunha novidade nin incidente», segundo o centro.

Sobre as 11:15 horas no 112 Galicia tiveron constancia do desaloxo do alumnado e do profesorado do CPI da Cañiza ao ulir a gas  debido a unha queima controlada.

Ata o colexio da Cañiza trasladáronse os efectivos da Garda Civil, Bombeiros de Ponteareas e o GES de Ribadavia. Dende o 112 Galicia, informa de que tratábase dunha queima controlada do gas duns depósitos na rúa Progreso de A Cañiza.

Ao ulir a gas, os responsables do centro decidiron desaloxar ao alumnado e profesorado do colexio mais cando chegaron os efectivos da Garda Civil confirmaron que a queima era controlada, con autorización, e que non había perigro.

Dende o centro, sinalan que desaloxaron ao alumnado da ESO cara o patio de Primaria e explican que non foran avisados destos «traballados rutinarios» polo que «levámonos un pequeno susto», aclaran. Amáis indican que xa se atopan de novo no colexio «sen ningunha novedade nin incidente».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES