sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasParadantaArbo queda de novo sen a súa multitudinaria Festa da Lamprea

Arbo queda de novo sen a súa multitudinaria Festa da Lamprea

As bandeiras locen na praza do Concello de Arbo, por ela, pola lamprea do Miño. Esta fin de semana sería a 61 edición da Festa da Lamprea, en Arbo, a cita gastronómica máis antiga de Galicia. Por segundo ano consecutivo non se celebra pola pandemia da COVID-19.

«No seu formato tradicional con todo ese intenso programa de actos aos que estamos acostumbrados dada a situación sanitaria non é posible, pero si queremos celebrando esa semana da lamprea, mantendo esa tradición do último fin de semana de abril, onde facemos homenaxe á raíña do Miño que nos identifica xunto aos nosos viños Condado e Albariño que as nosas adegas elaboran» explica o alcalde, Horacio Gil.

A Festa da Lamprea ten cartel anunciador. Foi elixido nun concurso nacional. A lamprea terá festa este ano na casa dos arbenses, sen degustación multitudinaria, nin pregón, e a súa Gala da Lamprea queda adiada a segunda fin de semana de agosto, a celebrar na Festa da Lamprea Seca.

Os seus restaurantes, con restricións de aforamento pola pandemia ( 50% en interior e 75% en terraza) encherán as súas mesas, nunha tempada de lamprea que está a ser difícil para os hostaleiros arbenses.

As restricións de aforamento na hostalería causa que moitos restaurantes aumentasen os seus encargos para entregas a domicilio. Con todo, os hostaleiros arbenses
 animan a visitar Arbo, porque é un pobo seguro, esta fin de semana e o resto do ano. A tempada de lamprea na parte alta do Miño durará ata o 15 de maio.

Os pescadores de lamprea nas pesqueiras do Miño aseguran que esta está a ser a mellor tempada de capturas dos tres últimos anos, aínda que este mes xa descenderon con respecto a marzo.

Despois desta fin de semana de festa, a lamprea seguirá estando de tempada ata o 15 de maio, así que quen non atope mesa esta fin de semana, aínda ten de marxer para degustala na Vila da Lamprea.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES