viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasParadanta"Arbo é a terra dos nosos fillos, agora non nos imos a...

«Arbo é a terra dos nosos fillos, agora non nos imos a render»

Entrevista co secretario dunha das asociacións de afectados pola LAR, José Valado.

«É a nosa terra e a terra dos nosos fillos e das nosas fillas». Así seguen defendendo a veciñanza de Arbo o «non» á Línea de Alta Tensión. Un «non» á Línea de Alta Tensión «nin soterrada nin non soterrada», segundo explica en Si Radio o secretario dun das asociaciones de afectados pola LAT, José Valado.

Esta fin de semana tiveron unha reunión urxente porque o Boletín Oficial do Estado vén de confirmar que a Línea para polo municipio. Así, o BOE confirma na súa publicación de 22 de decembro a través da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que a LAT atravesa o municipio.

É unha medida que afecta, sobre todo, ao despoboamento, di Valado, porque «é unha zona que podería ter de novo xente cando a PLISAN termine de despegar, posto que haberá industria». Pregúntase Valado «se pasaría o mesmo se se tratara dunha gran cidade».

Insisten en que non deixarán de loitar para botar atrás o proxecto do Ministerio «e preparamos máis alegacións».

Escoita a entrevista completa aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES