A voceira nacionalista, Manuela Rodríguez, explica que, de non haber acordos, levará "unha alternativa propia ao pleno porque a veciñanza agarda solucións, e non máis demoras".

O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar apremia ao goberno liderado polo socialista Paco Ferreira para que convoque "con urxencia unha nova reunión da xunta de voceiros, logo de que á convocada para o 24 de outubro non asistira o propio Fereira". Aseveran os nacionalistas que "xa pasaron dúas semanas e aínda non volveu a convocar ningunha outra". Neste contexto, engade que "se non hai proposta conxunta, o BNG levará unha laternativa propia ao pleno". Esta alternativa para porque o Concello "asuma xa este servizo na parroquia".

Escoita a entrevista completa aquí:

 

¿E ti, es de Tweet?