sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasVal de MiñorAmplíanse as batidas para atopar a Albano Manso

Amplíanse as batidas para atopar a Albano Manso

Durante a fin de semana intensificaranse as accións, coordinadas pola Garda Civil, co fin de atopar ao veciño de Gondomar.

Os amigos e a famiila do veciño de Gondomar, Albano Manso, que leva desaparecido dende hai unha semana intensificarán esta fin de semana as batidas co fin de atopar algún indicio que arroxe luz sobre o seu paradero. Estarán tanto en horario de mañá como de tarde, coordinados pola Garda Civil. Piden a colaboración de todas aquelas persoas que poidan asistir.

Polo de agora, a búsqueda de Albano rematou con cero pistas para coñecer que lle puido pasar a este veciño que traballaba no sector da hostelería na comarca do Val Miñor. As últimas novas é que o miraron o venres, en Baiona, cunha roupa diferente ao xoves, que é cando se lle perdeu a vista.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES