viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño reforza o mantemento do alumeado público

Porriño reforza o mantemento do alumeado público

O Concello trata de resolver de maneira urxente as avarías causadas pola climatoloxía adversa de días pasados

O Concello do Porriño vén de contratar por emerxencia o reforzo do mantemento do alumeado municipal ante os danos causados polas recentes treboadas.
A situación climatolóxica dos últimos meses ten ocasionado moitos danos. Son centos as intervencións do persoal do Concello e moitas máis as incidencias atendidas polos servizos municipais, debido aos fortes ventos, precipitacións que xeraron a caída de lámpadas, queima de cadros eléctricos, caída do tendido en lugares con auga encourada que xeran perigo de descarga aos viandante, en suma, inseguridade cidadá tamén por falta de iluminación nos viais públicos. Si a isto lle sumamos a falta de mantemento que a instalación sufriu ao longo dos anos, fai que o persoal propio do Concello non sexa suficiente para repáralo e mantelo en condicións.
Por iso, o Concello do Porriño acordou contratar polo procedemento de emerxencia o mantemento do alumeado municipal. Cun orzamento de 27.000 euros reforzarase o traballo do persoal municipal de resolución de avarías e tamén se auditará o estado actual da instalación.
“A situación na que se atopa o alumeado público require de medidas urxentes, xa que co persoal co que contamos no é suficiente e son moitas as incidencias”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Moitos veciños e veciñas están a verse prexudicados por isto e hai que darlles solución, xa que se trata dun servizo público ao que teñen dereito”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES