martes, abril 16, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño organiza unhas xornadas de técnicas de procura de emprego

Porriño organiza unhas xornadas de técnicas de procura de emprego

Celebraranse o 27 e 29 de xuño e a inscrición está aberta.

A Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Rosario Costas, xa abriu o prazo para inscribirse nas “Xornadas de técnicas de procura de emprego” que se celebrarán os vindeiros 27 e 29 de xuño nas instalacións de Porremprego.
Nestas xornadas os participantes aprenderán como mellorar as buscas e as chaves para obter máis visibilidade como candidato a un posto de traballo.
A primeira delas terá lugar o luns 27, de 11.00 a 14.00 horas, e contará coa presenza de Rosana Vila, directora de RRHH do Grupo COPO. A segunda será o xoves 29, no mesmo horario, e participará Carlos Casal, director de RRHH de BENTELER.
As prazas son limitadas, polo que se require inscrición previa. As persoas interesadas en participar deberán anotarse en Porremprego, no Edificio Multiusos en Torneiros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES