O Concello informa a veciñanza, aclarando dúbidas e consultas, da actualización da cualificación das parcelas realizada pola Xerencia territorial do Catastro en aplicación da lexislación vixente de ámbito estatal

O punto de información, que comezou a funcionar esta semana, sitúase no propio salón de plenos da casa consistorial e é atendido por funcionarios da Xerencia Territorial do Catastro e do Organismo de Recadación de Administración Local (ORAL) en horario de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. As persoas interesadas en facer uso deste servizo deben solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 986 335 000 marcando a extensión número 7 (Alcaldía) ou a través da aplicación móbil “Bandomóbil, O Porriño Informa”. Establécense quendas de atención de 15 minutos por persoa.
A previsión é que este servizo funcione tres semanas que serían prorrogables, no caso de ser necesario.
Fontes municipais fan fincapé en que nada menos que 17.400 parcelas (dende a última revisión de valores que data de 1985) pasan a ter consideración de chan urbano e polo tanto pasan do padrón de rústico ao de urbana. Esta revisión tamén terá como referencia os valores catastrais de 1985 aos efectos dos recibos do IBI.
Esta atención personalizada aos contribuíntes foi solicitada polo propio Concello ao Catastro e ao ORAL á vista das numerosas demandas de aclaración que chegan ás dependencias municipais por parte dos veciños

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron