jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño abre a inscrición para o campamento de Semana Santa

Porriño abre a inscrición para o campamento de Semana Santa

Desenvolverase os días 3, 4, 5 e 10 de abril, en horario de mañá, e está dirixido a rapazada de entre 3 e 12 anos

A Concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, abre a inscrición do Campamento de Semana Santa 2023, dirixido ás nenas e nenos do Porriño de entre 3 e 12 anos. Desenvolverase en instalacións municipais os días 3, 4, 5 e 10 de abril en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas.
“É moi importante contar no concello cos recursos suficientes durante os períodos de lecer para que os nenos e nenas poidan dedicar o seu tempo libre a interaccionar cos demais, adquirir valores como a solidariedade, a empatía e o respecto entre eles, apuntou a alcalde, Alejandro Lorenzo. “A isto hai que engadir a importancia de que as nais e pais poidan conciliar a súa vida laboral e familiar durante as vacacións escolares e dispoñan de alternativas”.
A concelleira incidiu en que “estes campamentos son unha experiencia moi positiva para os pequenos e pequenas, xa que reúnen aprendizaxe e diversión”.
O prazo de inscrición ábrese este luns, 13 de marzo, e estará aberto ata ás 24.00 horas do venres día 17. Hai 50 prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello do Porriño onde se lles facilitará a folla de inscrición e toda a información complementaria.
Para máis información poden dirixirse ao CIM do Porriño.
No caso de existir máis demandas que prazas, estas cubriranse segundo o baremo de puntuación establecido.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES