A música de ópera chega aos colexios do Porriño

Preto dun cento de estudantes de secundaria asistiron a unha sesión express, en versión bilingüe, a cargo da soprano Esperanza Mara.

“Unha soprano ten que demostrar que a ópera é un xénero coa capacidade de reinventarse, pero só pode facelo se o público máis novo lle axuda no seu cometido”, explica Esperanza Mara. Este é o contexto do que parte a nova proposta de performance educativo “Soprano in Distress (Soprano en apuros)”, un novo formato a través do cal a soprano Esperanza Mara aposta pola creación en vivo dun concepto musical colaborativo.
A actividade, de formato único, creativo e destinada a un público xuvenil, sérvese dunha relación máis directa e espontánea co espectador. Deste xeito, preto dun cento de estudantes de ensino secundario dos institutos Pino Manso e Ribeira do Louro e dos colexios Santo Tomás e Hermanos Quiroga asistiron á soprano na demostración de que “a ópera é un espectáculo do que a xuventude tamén pode ser partícipe dun xeito activo, pasando pola creación musical e a experiencia deste xénero en primeira persoa”.
O espectáculo tivo como engadido o debate sobre as novas tecnoloxías e os xéneros musicais, cunha posta en común sobre o potencial formativo que posúen plataformas tan populares coma TikTok para o redescubrimento de estilos musicais que non teñen de primeiras tantas presenza entre a xente nova

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral