sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaMos desprega o seu “Tendal dos soños rotos”

Mos desprega o seu “Tendal dos soños rotos”

Faino para visibilizar a violencia sufrida polas mulleres vítimas neste 2021

Hoxe 25 de novembro celebrouse o acto institucional municipal ás 12.00h na Praza do Concello conmemorativo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller con lectura de manifesto a cargo da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e un minuto de silencio.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:

Participaron representantes do movemento asociativo cultural e social de Mos, membros da corporación municipal, alumnado do IES de Mos e o grupo musical Girl’s Gang, nesta iniciativa promovida desde a Concellería de Política Social e Igualdade que dirixe a edil Sara Cebreiro, e o Centro de Información á Muller (CIM) de Mos.

Ademais realizouse a actividade “O tendal dos soños rotos”, consistente na creación dun tendal con diferentes prendas de roupa que representan cada unha das mulleres asasinadas neste ano.

mos tendal 25n 3

Con lectura a cargo de Lucía, Alba e Uxía, alumnas do instituto mosense, que estiveron acompañadas pola súa profesora, Maite, no “Tendal dos soños rotos” distintas persoas, homes e mulleres pertencentes aos colectivos sociais, deportivos e culturais presentes, foron colgando prendas de roupa morada, por cada unha das mulleres asasinadas en España en 2021.

O motivo de escoller o tendal de roupa é polo seu simbolismo. As cordas e as pinzas simbolizan a opresión, a servidume da muller ante o seu maltratador. E o acto de colgar a roupa é a metáfora que expresa que estamos sacando á luz os traumas escondidos, a violencia agochada no interior dos fogares.

O tendal como arma de denuncia das inxustizas, desoutra violencia oculta

No tendal ao aire normalmente móstrase a roupa máis íntima e máis persoal das súas donas, mulleres. Co “Tendal dos soños rotos” simbolízanse os soños daquelas mulleres que un día tenderon a súa roupa e non puideron recollela. Soños que quedaron colgados, aireando ao vento, soñando coa liberdade, lonxe dun maltratador que non a deixa desenvolverse como persoa, como Muller, que a oprime e que a anula.

Por un lado o tendal de roupa ao sol simboliza a liberdade, os soños, as ganas de vivir, de seguir coa súa vida …. E por outro lado, eses soños que quedaron colgados, que xa non se van a poder levar a cabo, tanto das vítimas como das súas familias que a pesar de todo teñen que seguir coas rutinas da vida.

“SOA” mónologo a cargo de Rogelia dos Outerios

E para pechar esta xornada do 25N en Mos, xa pola tarde, ofrecerase “SOA” mónologo a cargo de Rogelia dos Outerios, ás 19.00h no Auditorio do Centro Dotacional en Torroso, con entrada libre ata completar aforo.
Neste espectáculo atopámonos cunha muller que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa nova veciña unha confidente a quen contarlle a súa historia, unha válvula de escape para liberarse da pesada carga que sempre lle acompaña. Así, descubrimos unha cruel realidade que leva agochada xa demasiado tempo, nun contexto que mestura medo, desesperación, tristura e claustrofobia. Porén, e a pesar das circunstancias, o humor está sempre presente e as situacións cómicas serven de catalizador para esta muller que, pouco a pouco, vai conquistando á audiencia.
Un marido tolo, un cuñado enfermo, os fillos ausentes, a soidade, o machismo, pero tamén a complicidade, a liberación sexual, a autoestima, o cine, a música e, sobre todo, a esperanza son as pezas que emprega Rogelia dos Outeiros para construír un espectáculo que conduce ao público entre o drama e a comedia.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES