O prazo abriuse hoxe e están destinadas a aqueles empresarios que tiveron que pechar ou que viron limitado os seus horarios por mor da pandemia da Covid

Desde esta mañá xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para recibir axudas económicas directas con cargo ao “Plan Porriño Impulsa” que dispón dun fondo de 140.000 euros aportados polo Concello e pola Deputación. As bases e os impresos das solicitudes xa están dispoñibles na páxina web muncipal.
O concelleiro de Emprego, David Alonso presentou as liñas fundamentais deste Plan que se aprobou por unanimidade da corporación no último pleno municipal celebrado.

David Alonso:


O edil lembrou que estas axudas destínanse aos establecementos de hostalería, comercio de proximidade, autónomos e microempresas do Porriño afectados polos peche total ou parcial dos seus negocios a consecuencia das restricións aplicadas dende xaneiro.
Asimesmo Alonso ofreceu asesoramento gratuíto que a través da técnico da Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) se presta nas oficinas de Porremprego, para todos aqueles solicitantes que non dispoñan de asesoría para tramitar as solicitudes.

David Alonso:


E finalmente, avogou por que “non teñamos que habilitar novas liñas de axuda, pero se chegado o momento hai que asumir outra liña de crédito, haberá que valoralo. Ao mellor non serían axudas económicas directas senón outras medidas de apoio e incentivo ao consumo, por exemplo”.

David Alonso:


Ao acto de presentación deste Plan Impulsa Porriño acudiron Juana Pérez e Noelia Conde, presidenta e xerente, respectivamente, da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) e José Manuel Fernández, presidenta da Asociación de Hostalería do Porriño (AHOSPOR), quen expresou “o agradecemento dos hostaleiros da vila ao concelleiro e a toda a corporación municipal por esta liña de axudas e agardemos que non sexan necesarias outras ao longo do ano”.

José Manuel Fernández:

Axudas de 1.500 e 1.200 euros

Do importe total do Plan Impulsa Porriño, a Deputación Provincial autorizou a utilización do 20% da liña 1 do Plan Concellos para financiar achegas económicas directas por importe de 57.861,02 euros. O resto é a achega que aporta o Concello con recursos propios na cantidade de 82.138,98 euros ata acadar a cifra total de 140.000 euros o que supón un 1% do orzamento municipal total en vigor.

O límite por beneficiario das axudas establécese na cantidade de 1.500 euros para aqueles sectores que sufriron o peche total e 1.200 euros para aqueles outros que estiveran limitados no horario de apertura ao público ou sufriran perdas significativas

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral