sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaAlmorzos saudables na escola

Almorzos saudables na escola

Enfermeiras do Centro de Saúde de Mos imparten un obradoiro para previr enfermidades crónicas e outros problemas de saúde

A Mesa Local da Saúde de Mos estreouse este xoves, con motivo do Día do Neno, comezando o programa de almorzos saudables nos colexios de educación infantil e primaria da localidade.
Macarena Chacón Docampo e Lucía Leirós Comesaña impartiron así a súa particular e profesional sesión sobre hábitos de alimentación saudable na infancia ao alumnado de 4º de primaria do CEIP de Petelos.
As profesionais de Atención Primaria consideran fundamental promover hábitos de vida saudable na poboación para poder previr enfermidades crónicas e outros problemas de saúde, como por exemplo a obesidade, cuxa prevalencia aumentou drasticamente na poboación infantoxuvenil, situándose o sobre peso nun 25% e a obesidade nun 15%.
Un dos lugares onde se traballan mellor estas prevencións é na escola, como responsable da adquisición por parte dos nenos e nenas de información, formación e valores necesarios para adquisición dunha vida saudable. Uns valores que tamén se deben traballar dende os fogares por parte das familias.

Dúas fases

Esta actividade está dividida en dúas fases: a primeira, consiste no envío a cada centro educativo duns cuestionarios con preguntas sobre os hábitos alimenticios nos almorzos. Unha vez cumprimentados por cada alumno/a se recollen para proceder á valoración dos datos por parte das enfermeiras comunitarias do centro de saúde. O obxectivo destes cuestionarios radica en analizar como son os hábitos de alimentación actuais, dunha das comidas máis importantes do día, para que finalmente na segunda parte da actividade, poidan incidir sobre aquelas carencias alimentarias que se detectaron.
A segunda fase divídese en dous bloques: por un lado, unha charla sobre a importancia de a alimentación e o sobre os dereitos do consumidor para o alumnado de educación primaria, onde se lles dan pautas para realizar un almorzo saudable e sobre as mellores opcións para levar nas medias mañás o colexio. Esta formación remata coa entrega dunha bolsas individuais cun almorzo saudable e unha dinámica para ver a interiorización da presentación inicial.
Para o alumnado de infantil, faise un obradoiro sobre a elaboración dun almorzo saudable de maneira práctica, ensinándolles a pirámide alimentaria, e despois a realización con diversos produtos, dun almorzo cargado de enerxía. Tamén se lle dan pautas sobre as mellores opcións para levar o cole para facer a media mañá.
Nesta actividade se lle proporciona ao alumnado un almorzo saudable composto por: pan integral /pan sen glute, aceite, froita, auga e un lácteo, neste caso unha porción de queixo individual. Tamén se lle proporcionan almorzos “trampa” para que os máis pequenos detecten os fallos no mesmo (sendo despois proporcionado o almorzo saudable). Desta forma, pretendese que despois da parte de explicación por parte das persoas que imparten as charlas, o alumnado saiba detectar que parte dos seus almorzos non é saudable e cal é a opción máis saudable.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS