Estudantes do Porriño editan o seu primeiro telexornal

Emítese así o primeiro informativo da canle Louriña TV Escolar elaborado polo alumnado de 3º ESO do IES Pino Manso

Louriña TV Escolar comezou a funcionar en marzo e trátase dunha iniciativa desenvolvida pola Concellería de Educación en colaboración coa OMIX e Atelier Social.

Lourdes Moure, edil de Educación explicou que “esta canle online é un proxecto colectivo de innovación educativa, no que poidan estar implicados tódolos centros de ensino do Concello ao elaborar os seus propios programas de televisión”. Moure enmarcou esta iniciativa, que definiu como “unha actividade súper innovadora” na “vocación do departamento que dirixo para seguir progresando no camiño que iniciamos coa consecución do título de Cidade Amiga da Infancia, coa celebración anual dos plenos infantís e dos numerosos programas de actividades que mantemos en colexios e institutos”, engadiu.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron