jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriña4,6 millóns de euros para a ampliación do centro de saúde do...

4,6 millóns de euros para a ampliación do centro de saúde do Porriño que comezará este ano

O Sergas publicará nos vindeiros días a licitación do contrato de obra e unha vez adxudicado, terá un prazo de execución de 18 meses

 O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, informou este xoves no Parlamento de Galicia que neste ano iniciaranse as obras que permitirán cumprir o compromiso de que, nesta lexislatura, os profesionais que prestan servizo no centro de saúde do Porriño e os seus usuarios teñan á súa disposición o novo centro, no que a Xunta investirá 4,6 millóns de euros.

José Flores sinalou que, unha vez que estea reformado e ampliado, o centro de saúde do Porriño contará con oito consultas de medicina de familia, oito de enfermería, unha polivalente, unha sala de toma de mostras, unha sala de técnicas, unha de farmacia, unha área de fisioterapia, outra odontoloxía, tres consultas de pediatría e dúas de enfermería pediátrica. Tamén terá unha consulta de matrona, ademais de sala de educación sanitaria, entre outros espazos.

A área de PAC disporá de dúas salas de reanimación-observación, tres consultas médicas e dúas de enfermería.

O proxecto contempla a reforma de 1.597 metros cuadrados e a ampliación en 1.105, co que o novo centro terá unha superficie total de 2.702 metros cuadrados.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES