jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaCoque malla presenta en Porriño ‘El viaje del astronauta gigante’

Coque malla presenta en Porriño ‘El viaje del astronauta gigante’

O artista dará este venres un dos últimos concertos na vila do Louro. A entrada é gratuíta

O madrileño Coque Malla actuará mañá venres 23 de setembro, ás 22.00 horas, no exterior do pavillón municipal do Porriño para ofrecer un dos últimos concertos de ‘El viaje del astronauta gigante’. Será unha noite moi especial e unha das últimas oportunidade de ver a este artista referente do rock e o indie deste país en directo, polo menos durante un tempo, xa que anuncia un descanso indefinido nas súas xiras.
“A presenza e o impulso dun concerto como o de Coque Malla nas festas do Cristo dá á nosa vila un plus de interese dentro da ruta do Camiño Portugués, e unha escusa perfecta para achegarse á gastronomía, ao patrimonio e, sobre todo, á cultura local, que esa noite tamén terá presenza no escenario da man do artista Raúl Ben”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Coque Malla e a súa banda regresan coa súa nova xira ‘El viaje del astronauta gigante’ na que presentará as cancións do seu último disco. Un repaso a toda a súa traxectoria, desde o seu debut adolescente cos Ronaldos con cancións como ‘No puedo vivir sin ti’, ‘Adiós papá’ ou ‘Por las noches’, desde os grandes fitos da súa carreira en solitario, o camiño percorrido entre ‘Soy un Astronauta más’ e ‘La hora de los gigantes’ con grandes hits como ‘Me dejó marchar’”, ‘Berlín’ e ‘Un lazo rojo’, ata as súas colaboracións con outros artistas e, por suposto, os temas inéditos como ‘Una sola vez’, o seu último éxito.
Despois de tres anos moi intensos, cargados de concertos, esta xira é ademais unha última oportunidade para ver en directo a Coque Malla durante un tempo. Tras ‘El viaje del astronauta gigante’ Coque anuncia un descanso indefinido nas súas xiras, un punto de inflexión nos seus trinta e cinco anos de carreira, nos que o escenario foi sempre a súa gran paixón.
“Contar cunha programación musical do Xacobeo 21·22 na vila, significa tamén ofrecer unha oferta atractiva para os peregrinos que necesariamente paran no pobo, ao ser fin dunha etapa e comezo da seguinte, con todo o que isto supón. Ofrecerlles experiencias coma esta, en forma de música de calidade, de desfrute e goce na parada intermedia, ademais da gastronomía ou o patrimonio”.
O concerto está programado para as 22.00 horas e a entrada será libre ata completar aforo. A continuación celebrarase o Louro Valley Festival.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES