viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaAlianza de 11 pymes para consolidar 300 empregos en Mos

Alianza de 11 pymes para consolidar 300 empregos en Mos

Comezan as obras de PEMOS-18, unha nave compartida por once empresas do sector da automoción no Parque Empresarial de Mos.

A Asociación de Empresarios de Mos puxo hoxe o primeiro pilar do seu proxecto singular PEMOS-18, un proxecto de cooperación asociativa no que once empresas investirán 11 millóns de euros para instalarse conxuntamente no Parque Empresarial de Mos, no que adquiriron 18 parcelas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu ao acto e destacou a valentía destas once empresas vencelladas ao sector da automoción por “apostar polo futuro en plena pandemia”.

As once empresas mercaron 24.000 metros cadrados de chan industrial, para o que obtiveron unha bonificación da Xunta do 30%, ademais de outras rebaixas fiscais polas que se aforraron un total de 900.000 euros. Neste senso, Feijóo fixo fincapé na necesidade de apoiar ás novas empresas para crear emprego. De feito, PEMOS-18 consolidará 300 postos de traballo directo na comarca, dos cales 42 serán de nova creación.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, tamén acudiu ao acto, no que interviron Manuel Castro, presidente da Asociación de Empresarios de Mos, e Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos. Os tres soterraron unha cápsula do tempo con xornais do día, un casco de obra, unha bandeira de Mos, un cubo que representa a alianza dos empresarios e un contrato no que a Xunta certifica PEMOS-18 como proxecto singular. “Temos 14 proxectos singulares en Galicia, pero este é diferente porque consiste en por de acordo a once empresarios para compartir instalacións”, explicou Feijóo.

Se prevé que as obras rematen no mes de outubro. Unha vez inauguradas, as once empresas poderán comezar a compartir sinerxias. Segundo os cálculos de Aemos, o volume de negocio de todas elas pasará dos 26 millóns ata os 30 millóns de euros unha vez instaladas no Polígono da Veigadaña; polígno no que xa está ocupado o 92% do chan industrial.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES