sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísComesaña pide "prudencia" porque as UCI deben mellorar

Comesaña pide «prudencia» porque as UCI deben mellorar

O conselleiro de Sanidade continúa pedindo «prudencia». As UCI nas áreas sanitarias de Pontevedra e Coruña continúan próximas ao 25% de ocupación, por iso seguirán pechadas a partir deste venres, 5 de marzo, cando se reabrirá a de Ferrol ao mellorar.

Julio García Comesaña:

Comesaña confirma a mellora da situación nos hospitais e a tendencia decrecente da curva de contaxios, cunha incidencia a catorce días de 127 casos por 100.000 habitantes. Propón continuar cunha desescalada de xeito progresivo e «sen confiarse» para non retroceder. 

Compareceu este mércores tras a reunión  do comité clínico. O conselleiro pediu responsabilidade mentres non avance o plan de vacinación. Son 50.000 os galegos e galegas que xa recibiron as dúas doses da vacina.

O conselleiro confía en que despois das advertencias as aglomeracións rexistradas na fin de semana nas terrazas da hostalería non se volvan repetir. 

A Sanidade preocúpalle o avance das novas variantes do coronavrius. Galicia ten confirmados 90 casos da cepa británica e un da surafricana. Ademais, hai outro en estudo da variante brasileira.

A área sanitaria de Ferrol se integra desde este venres de madrugada nas menores restricións vixentes. Con iso, levántase o peche perimetral nos municipios que a conforman e os locais de hostalería poderán reabrir o seu interior cun 30 % de ocupación, ademais da metade de prazas nas súas terrazas.

As áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra permanecen pechadas, no nivel alto de restricións. Polo tanto, os seus habitantes só poden moverse a municipios da súa área na súa mesma situación e os locais de hostalería poden abrir só as terrazas ao 50 por cento de ocupación.

En nivel alto de restricións están tamén os concellos coruñeses de Cariño, Tordoia e Porto do Son; os lucenses de Guitiriz, Lourenzá e A Pobra do Brollón; os pontevedreses de Mos, Mondariz e Pazos de Borbén, e o ourensán de Boborás.

O municipio pontevedrés de Soutomaior é o único de Galicia que permanece no nivel máximo. Iso supón que non se permiten as reunións de non conviventes nin a mobilidade fóra do concello; a hostalería debe permanecer pechada.

O resto dos concellos galegos queda no terceiro nivel, con restricións de carácter medio que permiten unha ocupación do 30 % no interior de bares, restaurantes e cafeterías, e do 50 % nas terrazas. Así mesmo, está permitida a mobilidade con concellos no mesmo nivel e reunións de non conviventes cun máximo de catro persoas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES