sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaA Xunta inviste 2 millóns no Pedras Rubias de Salceda para incorporar...

A Xunta inviste 2 millóns no Pedras Rubias de Salceda para incorporar bacharelato

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de licitar a redacción do proxecto.

A Xunta de Galicia vai investir preto de 2,2M€ nas obras de ampliación do instituto IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas, «co que se garantirá a incorporación das ensinanzas de Bacharelato», segundo apunta a administración autonómica.

Tal e como se pode consultar na plataforma Contratos de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de licitar a redacción do proxecto por un importe de preto de 82.000€ e un período de redacción de tres meses. Con este trámite administrativo iníciase o procedemento para a ampliación das actuais instalacións do instituto e dáse cumprimento ao compromiso do Goberno galego con Salceda de Caselas para a incorporación do Bacharelato «ao tempo que se atende a demanda das familias a este respecto».

Unha vez redactado, será o proxecto técnico o que defina as características das obras que se van levar a cabo neste centro e que vai supoñer a dotación duns 1.600 metros cadrados de nova superficie útil que se destinará á zona docente (con oito aulas, dous aseos, laboratorio, polo creativo e espazo Foro entre outros), a administración e departamentos didácticos e a servizos comúns (almacéns e taquillas). Así mesmo, engadiranse tamén espazos exteriores como un acceso e un patio cuberto e zona de estacionamento.  

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

A ampliación realizarase de acordo co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia, que é a folla de ruta do Goberno galego para as infraestruturas educativas da próxima década, que aposta por un novo modelo de escolas máis flexibles, máis tecnolóxicas e sostibles, adaptado á situación poscovid. 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES