A socialista Verónica Tourón toma o bastón de mando de Salceda

Movemento Salceda e Partido Socialista dan cumprimento ao pacto de goberno cando se cumpren dous anos xustos da toma de posesión de Loli Castiñeira.

A socialista Verónica Tourón xa ten o bastón de mando do concello de Salceda de Caselas. Colleu o testigo da primeira alcaldesa da historia do municipio, Loli Castiñeira.

Deste xeito, Movemento Salceda e Partido Socialista dan cumprimento ao pacto que acadaron logo das eleccións municipais do 2019. Ese acordo establecía o reparto da alcaldía nos dous primeiros anos para Loli Castiñeira e os dous seguintes para Verónica Tourón. Este mesmo luns Castiñeira preesntou a renuncia como alcaldesa.

Na sesión plenaria, que se celebrou no auditorio municipal, falou en representación de Movemento Salceda Alejandro Rodríguez Canosa, que puxo en valor o traballo do goberno liderado por Castiñeira.

O Partido Popular tiña opción de presentar candidatura para optar á alcaldía pero non o fixeron "porque non temos os acordos necesarios".

A socialista Verónica Tourón acada así a maioría absoluta do pleno de Salceda de Caselas grazas aos catro votos de Movemento Salceda e os tres do Partido Socialsita. "O que está pasando aquí hoxe é un exemplo de normalidade democrática, dun goberno que seguirá traballando unido".

No seu primeiro discurso como alcaldesa Verónica Tourón resaltou a importancia dos colectivos sociais e aseverou que "a miña porta estará sempre aberta".

Á toma de posesión acudiron representantes socialistas das comarcas así como o líder en Galicia, Gonzalo Caballero e David Regades, secretario xeral provincial do PSOE e delegado da Zona Franca de Vigo.

A alcaldesa que sae levará no concello a área de Vías e Obras.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron