jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaA primeira vacina da Covid cen por cen española faise no Porriño

A primeira vacina da Covid cen por cen española faise no Porriño

O Porriño é un dos catro pobos de España no que se fabrican vacinas contra a Covid e agora será o primeiro no que se acade a fabricación completa dunha delas: Novavax, da que se espera recibir en abril o visto bo por parte da Axencia Europea do Medicamento.

Así o confirmou a ministra de Sanidade, Carolina Darias, nunha visita ás instalacións da biofarmacéutica Zendal no Porriño, onde coñeceu de primeira man como se está a traballar nesta e noutras vacinas.

O Grupo Zendal colabora tamén co Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) noutras vacinas contra a Covid-19. A que está máis avanzada é a que desenvolven os virólogos Mariano Esteban e Juan García Arriaza, que amosou unha eficacia do cen por cen nos ensaios en ratos. O director xeral de Zendal, Andrés Fernández, indicou que agora atópase en fase preclínica e as probas clínicas retrasaranse un mes porque se observou que se pode mellorar a súa eficacia

A ministra estivo acompañada por diversos cargos do seu departamento, entre eles, María Jesús Lamas, directora da Axencia Española de Medicamentos e tamén participaron da visita o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña; o delegado do Goberno central en Galicia, Javier Losada; Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias e a alcaldesa de Porriño, Eva García.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES