sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 600 hospitalizados por COVID-19

Galicia baixa dos 600 hospitalizados por COVID-19

Os casos activos de COVID-19 seguen baixando en Galicia, ten aresotora 6.772 as persoas infectadas. Delas 585 requiren hospitalización, sendo 121 as que están graves e requiren cama en UCI, cifra superior ao pico da segunda vaga.

Hai 586 persoas hospitalizadas no país (-48): 465 persoas en planta (-36) e 121 nas UCI (-12). O descenso das UCI é boa sinal pero, ollo, porque aínda segue sendo superior ao pico rexitrado na segunda vaga da pandemia.

Nova xornada con datos positivos no relativo a pandemia en Galicia. Segundo o Sergas, hai 6.772 casos activos (-520), logo de 320 novos positivos detectados, 260 mediante probas PCR. Son case 13.400 casos activos menos que hai un mes.

 

Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:

A Coruña: 2.185 (-166)

Vigo: 1.056 (-71)

Pontevedra: 930 (-53)

Santiago: 742 (-65)

Lugo: 702 (-46)

Ferrol: 719 (-48)

Ourense: 438 (-71)

As mortes non se deteñen. Galicia acumula xa 2.205 vítimas por mor da covid−19 logo da notificación do Sergas de 9 falecementos nos últimos días.

 Das 5.821 probas PCR realizadas onte (-652), segundo os datos do Sergas, deron positivo 260, o cal revela unha positividade do 4,47 %, un punto máis ca onte.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES