jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaA Garda Civil investiga a morte violenta do home atopado no pozo...

A Garda Civil investiga a morte violenta do home atopado no pozo de Porriño

(Actualización 22/02/2021 18:40) Efectivos do Servizo de Investigación da Garda Civil traballan xa na posibilidade dun crime, relacionado co corpo atopado o domingo nun pozo de Porriño.

Os primeiros datos da autopsia do corpo do home atopado nun pozo de O Porriño indican que se trata dun home que podería ter en torno a 34 e 36 anos. O corpo foi retirado do pozo en posición ríxida e tiña os antebrazos ata as mans desfeitas, polo que se investiga se é froito da descomposición postmorten. Cando foi sacado do pozo o corpo estaba en avanzado estado de descomposición.

Ademais trabállase xa na súa identificación, pola vía do ADN e tras atopar varias pezas dentais, o propio domingo. Os mergulladores finalmente retiraron do lugar dos feitos anacos de roupa e tecidos. Confírmase ademais que o home levaba no pozo meses, pois presenta unha hidrólisis ou saponificación.

A Garda Civil debe agora analizar no laboratorio o material atopado no interior do buraco.

morte pozo porrino anxo gutierrez 25

Á zona desprazáronse efectivos do GEAS (Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas) que baixaron ao pozo. Previamente a iso procederon ao achique por parte dunha unidade dos bombeiros de Porriño. O obxectivo era atopar partes do corpo ou calquera obxecto que puidese lanzar luz sobre os feitos

Na mañá de hoxe trasladáronse ao lugar efectivos do Servizo de Investigación da Garda Civil, departamento de Criminalística. Ademais dos efectivos procedentes da Comandancia de Pontevedra tamén se desplazaron membros  do GEAS (Grupos Especiales de Actividades Subacuáticas) que a esta hora xa están no interior do pozo para facer unha inspección do mesmo, aínda que o pozo xa foi valeirado totalmente.

A Garda Civil realizou unha inspección detallada das inmediacións e do interior da nave, buscando pistas. Non hai ningún dato sobre a identidade da persoa falecida, que sería un home que tería morto violentamente, xa que a tapa do pozo estaba botada. Descártase así, polo momento, unha caída accidental.

Casualidade

O achado do corpo foi por casualidade. Os propietarios dunha nave e un pintor que os acompañaba dirixíronse ao pozo para ver se tiña auga e atoparon o cadáver dunha persoa aparentemente núa no interior.

morte pozo porrino anxo gutierrez 32

Cando o pintor, que estaba a avaliar a realización de obras no interior da nave, preguntou ao propietario se había auga no pozo, pechado cunha tapa metálica. O propietario, que adquiriu recentemente a propiedade, achegouse para ver, e os dous alumearon cos seus teléfonos móbiles o interior e viron o que lles parecía un manequín. Posteriormente comprobaron que era unha persoa, e avisaron o 112.

A nave leva tempo sen uso, xa que está afectada pola zona de protección da Rede Natura. Foi adquirida por un empresario que se adica á chatarra, xa que sobre a mesma non existe ningunha orde de derrubamento, e ten previsto realizar nela obras de adecentamento para a súa actividade.

Ao lugar trasladáronse a Garda Civil e Policía Local de Porriño, e posteriormente os bombeiros e os equipos da Policía Xudicial e Científica da Garda Civil, xunto ao xuíz de garda, para proceder ao levantamento do cadáver. Abandonaron o lugar a redor das 22:20 horas.

Declaracións dun veciño, José Ignacio Álvarez, hoxe os medios no lugar dos feitos:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES