sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO País673 persoas menos coa COVID-19 en Galicia

673 persoas menos coa COVID-19 en Galicia

Arestora son 8.616 casos activos en COVID-19 na comunidade, 673 menos que onte, segundo o SERGAS. 

Galicia conta con 735 persoas hospitalizadas por mor do virus. Das cales, 155 permanencen nas Unidades de Coidados Intensivos, oito menos que onte e é a Área Sanitaria da Coruña a que más pacientes ingresados ten coa COVID-19 con 168 en camas convencionais e 53 na UCI. Nas últimas horas, Sanidade notificou 10 falecementos polo que xa son 2.172 galegos e galegas que perderon a vida dende o inicio da pandemia a causa do coronavirus.

En canto aos casos activos nas sete Áreas de Galicia, só aumentan na de Coruña, con oito máis:

A Coruña 2869

Vigo: 1316

Pontevedra 1150

Santiago 950

Ferrol 861

Lugo 838

Ourense 632

 

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS