O subcomité que asesora á Xunta na pandemia decide na reunión de hoxe que As Neves, Gondomar e Soutomaior continúen no nivel medio de restricións

Deste xeito, non hai cambios en canto aos niveis de restricións nos concellos das comarcas. As Neves, Gondomar e Soutomaior seguen no nivel medio, que implica que o aforamento da hostalería redúcese ao 30% no interior e á metade da capacidade nas terrazas. Os demais municipios da bisbarra continúan no nivel máis baixo de limitacións co 50% dentro e ao 75% no exterior dos locais.

Xunto con estes municipios das comarcas, rexerán as medidas do nivel medio de restricións de Irixo, Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Vilanova, Vilaboa , Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, A Illa e Vilagarcía.

Cómpre lembrar que a mobilidade continúa sendo plena en toda a comunidade agás nos concellos nos que rexen as máximas restricioness que son a Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro ea Carballeda de Valdeorras nos que non se pode nin entrar nin sair salvo por causas xustificadas.

Polo demais, o grupo de expertos tamén determinou o nivel alto de restricións en 9 concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas de vindeiro luns, 19 de abril.

 

 

¿E ti, es de Tweet?