viernes, abril 26, 2024
InicioNewsComarcasEstabilízase a incidencia da COVID-19 nas comarcas

Estabilízase a incidencia da COVID-19 nas comarcas

Só aumenta, lixeiramente, a incidencia no concello de Tomiño mais non supera o abano dos 1-9 contaxios nunha semana.

Segundo a última actualización de Sanidade, a incidencia da COVID-19 nos concellos das comarcas estabilízase. Só aumenta lixeiramente no concello de Tomiño mais segue fóra da zona considerada de risco pois non supera os 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana cun abano de 1-9 casos.

Deste xeito, son nove concellos os que se atopan libres do virus, ao non rexistrar casos nin en 7 nin 14 días. Trátase do municipio de Crecente, Arbo, As Neves, O Rosal, Oia, Fornelos de Montes, Covelo, Mondariz e Mondariz-Balneario. Pola súa banda, en Nigrán, no Porriño e en Mos a COVID-19 deixou de ciruclar durante unha semana entre a veciñanza.

Tomiño sitúase agora entre os 10 e os 25 positivos por 100.000 habitantes nunha semana xunto a Baiona, Vigo, Redondela, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e Tui. Só a cidade olívica supera o abano dos 1-9 casos con 44,é dicir, un menos que onte.

A Guarda, Soutomaior, Gondomar e Pazos de Bornén continúan na incidencia entre os 25 e os 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana e Ponteareas conta con menos de 10 por 100.000 en 7 días.

Así, a Área Sanitaria de Vigo baixa en 10 os casos activos ata os 264. En canto á presión hospitalaria son 8 pacientes ingresados por  mor da COVID-19 en camas convencionais, un máis que na anterior xornada, e mantense en dúas as persoas que continúan nos críticos.

É a área da Coruña a que conta con máis casos activos do conxunto de Galicai con 410.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES