Os tesouros rupestres de Oia, únicos en Europa, a salvo do esquecemento

A réplica dos petróglifos Auga dos Cebros xa está en Oia, onde permanecerá exposto no Centro Cultural de Pedornes.

O maior tesouro prehistórico de Oia, os petróglifos de Auga dos Cebros, xa está a salvo do esquecemento e, cando a erosión siga o seu curso, unha réplica exacta deste gravado rupestre recordará as xeracións futuras estas marcas únicas en Europa, localizadas a carón do río Vilar, na parroquia de Pedornes. Precisamente aí, no seu Centro Cultural, permanecerá a réplica, impulsada pola Comunidade de Montes de Pedornes e pola Asociación Costa dos Castros.

Para anticiparse ás ameazas que estraguen o gravado, encargouse á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia unha reprodución exacta dos petróglifos Auga dos Cebros 1 e Auga dos Cebros 2. A primeira das copias, feitas en escaiola, pesa 300 quilos e mide case tres metros de alto.

O Concello de Oia financiou a réplica do petróglifo, cuxa importancia e singularidade radica en que é o único en Europa que contén gravados de embarcacións mediterráneas, o que demostra a existencia das relacións comerciais dos primeiros poboadores da zona sur do continente fai 4.000 anos.

¿E ti, es de Tweet?