jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA senda fluvial desde Tui a Caldelas estará rematada este ano

A senda fluvial desde Tui a Caldelas estará rematada este ano

O Concello de Tui iniciou esta semana os labores de retirada dos elementos existentes na finca afectada pola construción dunha pasarela sobre o río Louro.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, achegáronse esta semana á zona para, xunto cos técnicos, titulares da propiedade e coa empresa contratada, revisar o estaquillado que marca a aliñación da zona na que se debe retirar a plantación que ocupa o ámbito de actuación por onde transcorrerá o acceso á pasarela. O prazo previsto de execución destas obras é de 15 días.

Debido á execución destes traballos, por seguridade, está cortado o acceso dende o Camiño Sierpes a altura da praia da Metralla. Por este motivo dende o concello de Tui solicítase a colaboración veciñal respectando os sinais de prohibido o paso.

Dende o Concello de Tui agradécese á Confederación Hidrográfica o compromiso e a colaboración para poder sacar adiante este proxecto, longamente demandado, que se materializou co convenio asinado en 2020 para a execución da pasarela e da ponte.

Con esta actuación o Concello de Tui continua apostando pola mellora das súas sendas, non só recuperando proxectos que quedaban pendentes, senón desenvolvendo novos proxectos, como o que se atopa nestes momentos en tramites de finalizar o procedemento de contratación como é a mellora no acceso á praia de Areeiros.

A pretensión por parte do Concello de Tui, é que antes de finalizar este 2021, todos os tudenses e visitantes poidan gozar dunha senda peonil que vaia desde a praia da Metralla até Caldelas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES