miércoles, abril 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoVisitas guiadas para coñecer o Monte Santa Trega de A Guarda

Visitas guiadas para coñecer o Monte Santa Trega de A Guarda

O vindeiro xoves día 17 de xuño arrancan na Guarda unhas visitas que terán lugar os xoves, venres, sábados e domingos ata o 12 de setembro.

As visitas guiadas ao Monte Santa Trega contan este ano con tres espazos emblemáticos, como son o entorno da ermida, o Castro de Calvo e o Castro do barrio de Mergelina, onde se teñen realizado importantes tarefas de re-escavación e consolidación para a súa posta en valor.

O obxectivo destas visitas é poder realizar unha visita completa das marabillas que contén o Trega, xa que contar cun guía oficial permitirá unha interpretación do xacemento e do patrimonio relixioso.

Para participar nas visitas guiadas é preciso unha inscrición previa no teléfono 690017038. A organización das visitas en grupos reducidos permite unha maior comprensión e desfrute por parte dos participantes nas mesmas. O punto de encontro e de saída destas visitas será no aparcamento da antiga Casa Forestal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES