O primeiro ministro portugués, Antonio Costa, vén de confirmar que Portugal abrirá as fronteiras terrestres con España a partir do 1 de maio.

Así o vén de anunciar Costa, logo do consello de ministros, na conferencia de prensa na que deu conta das novas medidas da desescalada do país veciño. Deste xeito, a partir do sábado volven a estar abertas as fronteiras entre Portugal e España.

A partir das 00:00 horas da noite do venres para o sábado 1, os pasos transfronteirizos volverán a estar operativos. Con todo, cómpre lembrar que a comunidade continúa perimetrada polo que non se poderá cruzar de forma xeral agás por motivos xustificados como, por exemplo, os laborais. Neste senso, si poderán pasar ao outro lado da raia aquelas persoas que traballan no país veciño.

A apertura dos pasos é unha das peticións que dende a AECT levan reclamando durante os tres meses que permaneceron pechados e que perxudicou aos traballadores e as traballadoras da raia posto que só dispoñían do de Tui ás 24 horas do día.

Entre as novas medidas da desescada en Portugal, destacan o peche da hostalería ás 22:30 horas todos os días da semana. Apertura dos centros comerciais de luns a venres ata ás 21:00 horas e ata as 19:00 horas sábado, domingo e festivos.

 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral