viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaUnanimidade no Porriño para instar á Xunta ao deseño dun plan ambiental...

Unanimidade no Porriño para instar á Xunta ao deseño dun plan ambiental en Budiño

O pleno do Porriño aproba por unanimidade este mércores instar á Xunta a deseñar un plan de vixilancia ambiental sobre a actividade mineira en Budiño

EU-Son é o grupo político que presentou a enmenda e a súa voceira, Patricia Sio, valora ese respaldo unánime e explica que «por fin os veciños e as veciñas dos barrios da Vacaría e Vitueira contan co respaldo claro e firme de toda a corporación municiipal». Engade que «supón un recoñecemento da débeda histórica».

O obxectivo do plan é que, entre outras cousas, se garanta o normal desnvolvemento da vida das persoas en condicións de seguridade e salubridade así como o control das verteduras e calquera tipo de contaminación das augas, segundo explican dende o Concello.

Neste sentido, Sío asegura que «aínda queda moito por facer e agora temos que seguir a dar pasos para resarcir en todo o posible á veciñanza, tanto dende o Concello como apelando ao resto das administracións no que lle corresponda».

Con relación ás augas, vén de ser admitida unha petición de Ecoloxistas en Acción fronte a Comisión de peticións do Parlamento Europeo para que se investigue ás concesións Eidos, Forna e Benedicta, no Porriño, que, ao parecer, contanminan arroio que desembocan no Louro e que afectan á ZEC Gándaras de Budiño, segundo informan dende EU-Son. Na actualidade, hai tres explotacións activas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES