Os viaxeiros ou viaxeiras que veñan de Portugal e queiran entrar en territorio español deberán presentar algún dos certificados COVID.

Volven parte das restricións á raia. O Consulado General de España informa de que, dende o 7 de xuño, o Goberno central pide ás persoas que veñan de Portugal e queiran entrar en territorio español unha serie de requisitos. Deste xeito,  os viaxeiros ou viaxeiras que procedan do país luso deben presentar algún dos certificados COVID para entrar en España tanto por vía área, marítima ou terrestre.

En concreto, O Consulado explica mediante un comunicado que "desde o 1 de maio non existen controis na fronteira terrestre entre España e Portugal, sen embargo, dende o 7 de xuño todas as persoas de 6 anos ou máis que crucen por vía terrestre desde Portugal a España deberán dispoñer dalgunha das certificacións sanitarias esixidas para os pasaxeiros que entren en España por mía área ou marítima". Refírese ao de vacinación, o de ter pasado xa o virus ou unha proba negativa en COVID-19, ben PCR ben de antíxenos, realizada con 48 horas de antelación.

Iso si, están exentos das limitacións os traballadores transfroteirizos, os profesionais do transporte nin os residentes en zonas transfronteirizas.

Estas restricións veñen por pertenecer Portugal á lista de países en risco, elaborada polo Goberno de España. Neste senso, o Goberno de Portugal xa pediu explicacións ao de España por estas novas restricións, segundo recolle a prensa lusa.

Do outro lado da raia, de España cara a Portugal, non rexerán estas limitacións nin a orde se refire en concreto no caso de que algún veciño ou veciña vaia ao país luso a pasar o día se a volta tería, ou non, que someterse a algunha das obligacións anteriores.

CONSULADO GENERAL 7 DE XUÑO

Será o 20 de xuño cando o Goberno actualice a listaxe de países que considera de risco.

¿E ti, es de Tweet?