viernes, abril 26, 2024
InicioNewsA RaiaMiñones eloxia o futuro Parque da Amizade, que se presenta o sábado

Miñones eloxia o futuro Parque da Amizade, que se presenta o sábado

Unirá Tomiño e Vila Nova de Cerveira cunha pontea peonil, convertíndose no maior parque transfronteirizo de Europa.

O auditorio da Fortaleza de Goián en Tomiño acollerá este sábado un grande evento para a presentación institucional do Parque da Amizade e da nova ponte peonil que unirá Tomiño e Cerveira. Ao acto asistirán diferentes autoridades estatais, autonómicas e locais tanto españolas como portuguesas, ás que se lles dará a coñecer a singularidade do que será un dos primeiros centros de lecer transfronteirizos de Europa e o primeiro Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal como un espazo verdadeiramente europeo sen fronteiras.

Ambos proxectos contan con financiamento europeo, con cargo á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2014-2020, e serán presentados polo deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, pola alcaldesa de Tomiño Sandra González, o presidente de cámara de Cerveira, Fernando Nogueira.

Precisamente estas tres personalidades mantiveron hoxe un encontró por vídeoconferencia co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, que se amosou seguro de que “o Parque da Amizade converterase en símbolo do irmandamento entre Galicia e Portugal”.

Na presentación que terá lugar o sábado tamén acudirán os exeñeiros encargados de cofigurar a ponte, Burgos-Garrido e Bernabeu, gañadores do concurso de ideas.

As autoridades da parte portuguesa chegarán ao auditorio de Goián en barco dende a parte lusa para ás 12.15 horas comezar a presentación, na que se incluirá a proxección nunha pantalla de grandes dimensións dun vídeo ilustrativo dos obxectivos do parque. Na peza incluirase unha recreación 3D de como será a nova ponte peonil e ciclable que permitirá que o parque transfronteirizo sexa unha realidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES