sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaO SERGAS busca persoas asintomáticas en Mos

O SERGAS busca persoas asintomáticas en Mos

A partir do sábado 29 de maio, rexerán as medidas do nivel máximo no municipio: peche perimetral e peche da hostalería.

Co fin de detectar persoas asintomáticas que espallan a COVID-19 sin darse conta, Sanidade puxo en marcha un cribado masivo no concello de Mos este mércores. Foron convocados ao redor de 5.000 veciños e veciñas do municipio para realizarlles unha proba PCR no Pavillón Municipal Óscar Pereiro e frear, así, o avance do virus na localidade. 

Entre os convocados, tamén estaba a alcaldesa, Nidia Arévalo.

Arestora, a incidencia de Mos supera os 250 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana, a considerada de risco por Sanidade. É tamén a máis alta das comarcas.

Na pasada fin de semana as profesionais do SERGAS achegáronse, igualmente, ao IES de Mos, centro no que comezou o gromo en COVID-19. No cribado detectáronse 12 persoas asintomáticas, entre o alumnado e profesorado, dun total de 559 ás que se lles realizou unha proba PCR. A participación foi do 76%.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS