Dende calquera recuncho de Galicia podedes pedir as vosas cancións.

Dende O Caurel a Santa Uxía de Ribeira, pasando por Vigo, Ponteareas, O Carballiño, Ourense ou Vilagarcía. Ás 19:00 horas, despois do boletín de noticias de Galicia, comeza o espectáculo. Roberto de Álvarez primeiro e Rubén Sarmiento despois teñen a misión de compracer. Constantemente reciben as chamadas de homes e mulleres que están pendentes da radio para escoitar soar o seu tema. Parece mentira, nos tempos de Spotify, que a xente queira que lle poñan a súa canción pola radio, pero é que a radio é maxia. Todo tipo de música e animación constante, da man destes dous comprometidos locutores.

As Tardes é un programa que se emite dende 2018. Foi Roberto de Álvarez, responsable de Ourense Si Radio, quen lle propuxo a Rubén Sarmiento a posta en marcha do espazo dispoñible só para Ourense, proposta que acepta entusiasmado e cunha idea clara do formato de programa que quere levar a cabo. Así nacen "As Tardes" con Rubén Sarmiento en Ourense Si Radio, recuperando o estilo que tanto lle gustara das Mañás de Álvarez. No 2019, a gran aceptación do programa fixo que se ampliase a emisión a toda Galicia.

Actualmente, neste 2021, Rubén Sarmiento segue á fronte deste programa; gozando deste formato de radio en directo no que comprace aos ouvintes coas súas peticións musicais, mediante mensaxes en directo a través do WhatsApp do programa e das redes sociais de Si Radio. Ocasionalmente conta coa colaboración de compañeiros e outros locutores como Cristina Costas, César Fernández e Roberto de Álvarez, intentando sempre darlle máis dinamismo e diversión á programación; dando como resultado unha grande acollida e felicitacións por parte dos ouvintes.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral