A Xunta descarta a presenza de “patoloxías raras” na morte de bivalvos e o escaso crecemento das crías deles na ría de Pontevedra. Atribúeo as chuvias e a alta temperatura da auga despois das análises feitas, polo que considera que a solución debe vir da man da investigación.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, explicou en Vigo que “o exceso de choiva non é bo para o marisqueo pola baixa salinidade das augas, que dificulta o crecemento de bivalvos” e a iso súmase este ano a alta “temperatura da auga”.
O responsable de Mar defende buscar “variedades” destes bivalvos que “sexan máis resistentes a estes condicionantes novos” que presentan as augas de Galicia.

