Xoves, Febreiro 5, 2026
HomePenínsula e mundoPortugalValença adiántase ás inundacións

Valença adiántase ás inundacións

O Concello de Valença adiántase as posibles inundacións por mor das chuvias e realiza traballos en varios puntos do municipio. Principalmente, naqueles espazos onde se acumulan as augas pluviais. A Câmara busca “evitar danos en persoas e en bens”.

As principais intervencións prodúcense en Ribeiro de Favais nunha extensión de 800 metros. Segundo explican dende o Concello, “esta invervención pretende evitar os constantes danos que año tras año afectan aos veciños e aos comercios desta zona”.

Albergaria é outra das zonas nas que a Cämara municipal intervén, “unha actuación que xa hai tempo que os veciños a reclamaban” e que “permitirá fluir mellor ás augas nesa zona para evitar danos maiores na época das grandes chuvias”.

As accións preventivas estendeuse tamén a todas as rúas da fortaleza coa limpeza das arquetas e que “continuará durante os próximos días”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS