martes, abril 30, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoDetidos cando roubaban roupa no centro comercial de Tui

Detidos cando roubaban roupa no centro comercial de Tui

A Garda Civil detivo a catro persoas pertencentes a un grupo ao que se lle atribúe media ducia de furtos cometidos en establecementos comerciais no sur da provincia de Pontevedra. Empregaban a técnica do descoido e actuaban especialmente en perfumarías.

Os detidos son dous homes e dúas mulleres do leste de Europa, que foron sorprendidos infraganti cando subtraían roupa nun centro comercial de Tui.

As investigacións levadas a cabo por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán no marco da operación «Cheve 10» iniciáronse o pasado xaneiro a raíz dos furtos que viñan detectando, polo procedemento do descoido, nos comercios da comarca do Baixo Miño, fundamentalmente en drogarías e perfumarías onde adoitaban apoderarse de perfumes caros.

Este grupo de delincuentes repartíase as taredas; uns dedicábasen a distraer a atención dos dependentes e os outros levaban a cabo as subtraccións.

Unha vez púidose pescudar que utilizaban un vehículo de alta gama nos seus desprazamentos, durante a tarde do pasado martes, procedeuse á detención de todos eles ao ser sorprendidos infraganti nun centro comercial de Tui onde subtraeran dúas pezas de roupa.

No momento das detencións, púidose comprobar que as dúas mulleres levaban bolsos forrados interiormente de forma artesanal, con papel de aluminio e papel de tira plástica, co fin de poder salvar o filtro de alarma dos establecementos.

Trátase de dous homes e dúas mulleres, en idades comprendidas entre os 27 e os 33 anos, todos eles con domicilio en Vigo e con amplos antecedentes delituosos. Foron detidos por un delito continuado de furto e pertenza a grupo criminal organizado.

Atribúenselles media ducia de roubos cometidos durante estes dous últimos meses, dous deles labores en dous días consecutivos nunha mesma drogaría en Tomiño e os demais en Nigrán, Baiona, Arcade (Soutomaior) e Tui.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Vigo, onde deberán comparecer os detidos cando sexan requiridos pola autoridade xudicial

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES